Ola! Son Eli, encantada de verte por aquí. Encantaríame contarche algunhas cousas sobre min pra que poidas coñecerme un pouco.
Vivo e traballo en Galicia. A fotografía foi moi importante na miña vida, e sempre fixen fotos. Axiña enamoreime de capturar instantes únicos e irrepetibles pra os demáis.
A miña forma de traballar consiste en observar e capturar o momento perfecto. Adaptareime a ti pra conseguir resultados naturais, fermosos e que transmitan. Non te preocupes se non sabes posar, non o necesitas!
O meu obxectivo é que desfrutes o momento, sen pensar tanto no resultado final, que será unha consecuencia e resultado do mesmo. Así lograremos estar menos tensos, capturando a "esencia" e desfrutando a experiencia que é marabillosa.
Son unha amante dos animais e sempre vivín rodeada de cans, polo que estarei encantada de capturar o voso vínculo. Ademáis encántame fotografiar meniños, adaptaremos a sesión pra que eles tamen teñan unha experiencia divertida.
En resumo, capturo historias de amor e momentos, sexan do tipo que sexan.
Non dudes en contactarme; estarei encantada de atenderte, escoitar a túa idea e resolver as túas dúbidas.